AVISO LEGAL
En cumprimento do establecido no Art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico ( LSSI-CE), infórmase que esta páxina web, con dominio www.coregal.gal , é titularidade de COGAMI Reciclado de Galicia, S.L.
A responsable do servizo prestado a través da Web é:
- ACCEDE SOCIAL , S.L.U
- R/ República Checa, 17, Parque Empresarial Costa Vella, 15707, Santiago de Compostela.
- Teléfono: 981 51 90 26
- Enderezo de correo electrónico: protecciondatos@accedesocial.gal
- C.I.F.: B-15.780.778
Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña, en el Tomo 2643 del Archivo, Sección General, Folio 41, Hoja C26757
TERMOS E CONDICIÓNS
1. PERSOAS USUARIAS: O acceso e/ou uso deste portal de ACCEDE SOCIAL , S.L.U atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, desde o dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas.
2. USO DO PORTAL: www.accedesocial.gal proporciona o acceso a multitude de informacións, datos e fotografías (en diante, “os contidos”) na internet pertencentes a ACCEDE SOCIAL , S.L.U A PERSOA USUARIA asume a responsabilidade do uso do portal. A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (por exemplo poderían ser servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias que se cheguen a crear dentro do portal) que ACCEDE SOCIAL , S.L.U ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de ACCEDE SOCIAL , S.L.U. , dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes. ACCEDE SOCIAL , S.L.U resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, ACCEDE SOCIAL , S.L.U non será responsable das opinións vertidas polas persoas usuarias a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación que se poidan chegar a crear dentro do portal web corporativo, así como nos perfís oficiais de redes sociais de ACCEDE SOCIAL , S.L.U
3. PROTECCIÓN DE DATOS: ACCEDE SOCIAL , S.L.U cumpre coas directrices e obrigacións reguladas no REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía de dereitos dixitais e demais normativa vixente sobre protección de datos en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais empregados nos seus sistemas de información, así como a súa confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia en todo momento.
4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: ACCEDE SOCIAL , S.L.U por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de ACCEDE SOCIAL , S.L.U ou ben das súas licenciantes. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de ACCEDE SOCIAL , S.L.U A PERSOA USUARIA comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de ACCEDE SOCIAL , S.L.U Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. A PERSOA USUARIA deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de ACCEDE SOCIAL , S.L.U
5. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: ACCEDE SOCIAL , S.L.U non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
6. MODIFICACIÓNS: ACCEDE SOCIAL , S.L.U resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.
7. LIGAZÓNS: No caso de que en www.accedesocial.gal dispuxésense ligazóns ou hipervínculos facía outros sitios da internet, ACCEDE SOCIAL , S.L.U non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso ACCEDE SOCIAL , S.L.U asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de devanditos hipervínculos ou outros sitios da internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
8. DEREITO DE EXCLUSIÓN: ACCEDE SOCIAL , S.L.U resérvase o dereito para denegar ou retirar o acceso a portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de previo aviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aquelas persoas usuarias que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.
9. XENERALIDADES: ACCEDE SOCIAL , S.L.U perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
10. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN: ACCEDE SOCIAL , S.L.U poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
11. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN: A relación entre ACCEDE SOCIAL , S.L.U e a PERSOA USUARIA rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais competentes.