Unha oportunidade para as persoas con discapacidade
Como CEEIS, COINCO non só ofrece un servicio de transporte adaptado, senón que supón unha oportunidade para que as persoas con discapacidade poidan adquirir experiencia laboral no sector do transporte.
As características especiais da distribución da poboación galega, unido á dificultade de acceso ás diferentes zonas (estradas, camiños estreitos...) fan que as persoas con discapacidade que viven nos núcleos de poboación máis afastados non conten coa oportunidade de poder acceder aos servicios básicos e adquirir un certo grao de autonomía persoal. Estas persoas son as que dependen totalmente de que exista un servizo de transporte accesible para eles, que lles permita saír dos seus domicilios e consegui-la súa inclusión social.
Rutas
Damos servizo a 20 Centros de Día e ás zonas do SGAMP-Ferrol (antigo 065), cubrindo percorridos en Ferrol centro, Ferrol-Caranza, Ares, Esteiro, San Sadurniño e As Pontes. Damos servizo á zona de Vigo, percorrendo Coia, Valadares e Atalaia. Tamén estamos presentes en As Neves, Ponteareas, Cerdedo, Monforte e Ourense
Frota de vehículos
Na actualidade, en COINCO dispoñemos de 16 microbuses distribuídos en Mos (13) e Monforte (3). A maiores contribuímos á creación de postos de traballo en toda Galiza por medio de acordos con transportistas locais, conducindo vehículos dos socios, en Ferrol (11) e Cerdedo (2), ou actuando exclusivamente como acompañantes en outras 11 rutas máis en Monforte e Ourense.
O noso cliente principal é o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, o cal xestiona os Centros de Día. En COINCO prestamos servizo nas catro provincias galegas atendendo a 230 persoas diariamente, as cales acoden tanto a centros públicos do servizo de atención diúrna como a centros de recursos para a discapacidade de COGAMI. Por outra banda, COINCO tamén realiza servizos de carácter discrecional a Asociacións, grupos de persoas do ámbito da discapacidade e a outros clientes que precisan de transporte adaptado.
Os vehículos que se empregan para presta-los servizos de COINCO teñen que ter unhas dimensións axeitadas, polo que a maior parte dos vehículos cos cales se realiza o transporte adaptado son microbuses de 19 prazas, os cales se poden configurar para trasladar até 4 persoas en cadeira de rodas.